Os mozos de Boiro poderán formarse na xestíón de eventos musicais

BOIRO> Boiro acollerá un curso sobre produción de festivais musicais organizado pola Fundación Paideia. Vai dirixido a menores de trinta anos, inscritos no sistema de Garantía Xuvenil.

O próximo vinte de xullo dará comezo un curso sobre produción de festivais musicais en Boiro. Está dirixido a mozos de entre dezaseis e vinte e nove anos inscritos no programa de Garantía Xuvenil que desexen coñecer os detalles que leva aparellados a xestión integral dun evento musical.

Boiro foi o concello escollido para o desenvolvemento deste curso pola súa fonda tradición musical, con gran número de bandas locais emerxentes. Pero tamén poderán formarse mozos doutros concellos da comarca como A Pobra que tamén acollerá sesións grupais.

A iniciativa está promovida pola Fundación Paideia da Asociación de Desenvolvemento Local Deloa e cofinanciada polo Fondo social Europeo e o Ministerio de Industria.

Os interesados en participar poden consultar toda a información na web deloa.es. O número máximo de prazas é de vinte e cinco.