Pontevedra tamén se pecha contra a Lomce

     PONTEVEDRA> Foi no IES Torrente Ballester onde pais, alumnos e docentes pecháronse de xeito simbólico para pedir unha rectificación ó goberno con respecto á reforma educativa.

    {flowplayer}images/salnes/FolgaContraLomce_260413.flv{/flowplayer} 

    Despois dos encerros de Lalín, Bueu ou de esta mesma semana en Cambados, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino público pechouse no IES Torrente Ballester de Pontevedra. Unha proposta aberta a toda a sociedade e na que se rexeita frontalmente a chamada 'Lei Wert', a lei Lomce de reforma da educación en España.

    Segundo a Platafoma a Lomce é a “lei do retroceso”. Aseguran que dificultará o acceso a estudios de formación profesional e universitarios ós alumnos e que trátase dunha lei que segrega e discrimina e familias e estudiantes.

    No peche estiveron presentes representantes do Bloque Nacionalista Galego. Tamén tomou parte o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores que visitou ós manifestantes para trasladarlles o seu apoio contra as seis da tarde. Pide a toda a cidadanía a súa presencia na folda do ensino que se levará a cabo o 9 de maio.

    Este encerro prolóngase ata as dez da mañá do sábado.

    Redacción Salnés