O PSOE pide a inhabilitación do Alcalde de Vilanova

    VILAGARCIA> O PSOE asegura que en Vilanova non se cumpre a constitución nin a lexislación vixente en canto as contratacións…

    {flowplayer}images/salnes/denuncia_fiscalia_modesto_pose.flv{/flowplayer}

     … de emprego público municipal. Uns feitos que o Deputado socialista no parlamento, Modesto Pose ven de denunciar ante a Fiscalía de Pontevedra.

    Os socialistas aseguran que o Alcalde era coñecedor destas irregularidades posto que el mesmo levantaba os reparos da intervención e secretaría municipal. Unha acción irregular que levaría cometendo desde fai anos, pero que os socialistas só poden demostrar desde o 2009 ata o 2012.

    En total o PSOE denuncia a existencia de sesenta e un expedientes de adxudicación de traballo a dedo a persoas afíns á súa familia ou ó Partido Popular. Uns feitos polos que cren que Gonzalo Durán debería ser inhabilitado.

    O Alcalde de Vilanova quixo agardar a ver o que se publicaba antes de responder a estas acusacións. Asegura que cala por non dar máis bomba a este anuncios feitos polo que el considera “un cadáver político”.

    Redacción Salnés