Periga a continuidade dos PAC do Salnés

     VILAGARCÍA> Os peches virían dados polos recortes en sanidade do goberno

    {flowplayer}images/salnes/EnquisaPecheUrxencias_180113.flv{/flowplayer} 

    De momento non hai nada oficial, pero si que as autoridades sanitarias en Galicia poderían estar sopesando a posibilidade de pechar algún dos servicios de urxencias que operan na actualidade no Salnés. E é que a ampliación do Hospital do Salnés podería implicar recortes nalgúns dos dous PAC en funcionamento na comarca, ben o de Cambados ou o propio de Vilagarcía.

    Estas recortes que xa están sendo aplicados en Castela A Mancha ou Cataluña poderían comezar a notarse en Galicia. O obxectivo segundo o goberno é ser máis eficientes en xestión sanitaria. Entre os usuarios dos centros sanitarios do Salnés hai opinións para tódolos gustos, se ben a maioría considera que a unificación do servizo de urxencias no Hospital do Salnés podería provocar colapsos e longas esperas. 

    O Hospital do Salnés e o PAC vilagarcián reciben diariamente unha media de cen pacientes, polo que o peche deste levaría a dobrar a cifra de atendidos no Hospital. Con todo, por poboación, ó Salnés non lle correspondería perder ningún dos servizos dos que desfruta en materia de sanidade.

    Redacción Salnés