Quintana: ‘Cando se teñen as analíticas comunícanse. Non podemos facer máis’

    SALNÉS> A conselleira do Mar respalda a labor do Intecmar ante as críticas do sector de comunicar demasiado tarde o episodio de toxina lipofílica que afecta ás rías de Arousa, Muros Noia, Pontevedra e Vigo. Esta mañá pechouse a zona do Bohído ó marisqueo pero abríronse catro polígonos bateeiros, tres na ría de Arousa e un na de Vigo. No Intecmar estase a traballar coa máxima axilidade posible. Así o indica a conselleira do Mar, Rosa Quintana, que saíu en defensa deste centro de control ante as críticas vertidas polos sectores bateeiro e marisqueiro, por mor do último episodio de toxina. Algunhas confrarías como a de Noia e varias organizacións de mexilloeiros, como Opmega, están a realizar análises propios nos seus bancos para planificar o seu traballo ante a aparición de toxinas. E é que os produtores están a perder a confianza no Intecmar. A conselleira insiste en que no Intecmar se continúa a traballar coa mesma entrega e profesionalidade de sempre. Desde a Xunta inciden en que este episodio de toxinas lipofílicas que afecta, sobre todo ás Rías Baixas, é un fenómeno totalmente natural e que está controlado. En canto ás perdas que está a ocasionar ó sector, a conselleira insistiu en sinalar que en canto souberon da toxina, deron aviso ós distribuidores para que puidesen devolver o produto ó mar. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/11/QUINTANAMAR.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/11/ROSA_QUINTANA_MAREA_VERMELLA.mp4{/flowplayer}