VILAGARCÍA> A volta ao cole deste ano será máis cara que nunca. Cada familia gastará preto de 300 euros por neno no inicio do novo curso escolar. A venda dos libros mantense con normalidade, ao ser obrigatorios, pero as librarías notan o descenso de compras en papelería ou material escolar.
Os nenos e nenas volverán á escola o vindeiro xoves pero o seu regreso será máis caro que nunca para as súas familias. A inflación e a suba dos prezos nótase tamén no material escolar. O que supón que cada familia, sen contar ás axudas que poidan recibir, gastarán preto de 300 euros por cada neno e nena.
A maior subida deste ano dáse nos libros de texto. Aquelas familias que non recibiron axudas notaron esta suba.
Unha subida que tamén notan nas librarías.
Os libros de texto, ao ser obrigatorios, ás familias non teñen máis opción que mercalos. Pero no caso do resto do material escolar si se nota unha baixa importante nas compras, especialmente na papelería.
Para prever estas subas, moitas familias foron comprando o material escolar durante o verán. No caso dos libros tampouco hai máis opción que mercalos agora, agás nos dos máis pequenos, onde a subida dos prezos tamén se nota nas compras.
As axudas das administracións e dos diferentes colexios, como os bancos de libros, son vitais para que moitas familias poidan asumir estes gastos. De feito algúns dos entrevistados consideraba que a volta ao cole é agora a costa de setembro.