Portos está a licitar o dique flotante do Porto do Xufre

     CAMBADOS> Portos de Galicia está a licitar as obras do dique flotante do Porto do Xufre na Illa.

    {flowplayer}images/salnes/portos_dique_abrigo_illa.flv{/flowplayer}

    Esta actuación está arestora unicamente pendente dos prazos administrativos legais para a súa adxudicación entre as vintedúas empresas que presentaron a súa candidatura. A

    sí se desprende das informacións recollidas na páxina web de Portos de Galicia e á que o Presidente deste ente remitía cando lle preguntamos pola polémica xerada nos últimos días pola tardanza de que se acometese esta infraestructura na Illa, tal e como demandan os traballadores do mar desta zona; especialmente nos días de temporal.

    José Juán Durán non quixo facer máis declaracións que estas e amosouse disposto a dialogar directamente co sector cando faga falla sobre a idoneidade de acometer este proxecto ou outras variacións propostas.

    Un dique para o que si hai prazo é a do muelle interior de Cambados; unha actuación que levaba paralizada desde o ano 2004 e que agora, malia a crise económica se verá completada nunha primeira fase. Outra obra tamén próxima a realizar será a das comportas do Saco de Fefiñáns; orzamentada en case seiscentos mil euros.

    En poucas semanas podería adxudicarse xa que están a piques de abrirse as plicas cas ofertas económicas para optar á mesma.

    Estas declaracións eran realizadas polo Presidente de Portos nesta última visita ó Porto cambadés de Tragove co gallo da valoración da recollida de aceite residuais tras case un ano da súa implantación, trala última adxudicación do servicio do Marpol, que responde ó Convenio da Organización Marítima Internacional. Neste senso, Cambados é un peirao punteiro na recollida destes residuos de entre os 123 portos autonómicos.

    Redacción Salnés