PONTEVEDRA> A Deputación, nun primeiro momento, colaboraba con este encontro. A presidenta provincial recoñece un “fallo no protocolo” e asumiu en primeira persoa o erro que levou ó ente a imprimir 200 carteis nos que aparece a imaxe do xeneral franquista.
Para a presidenta da Deputación, os organizadores das xornadas de homenaxe a Millán Astray Carmela Silva “fixeron unha solicitude baseada no engano” pedindo unha colaboración para a impresión de 200 carteis “falseando a verdadeira natureza do acto”. Segundo a solicitude que fixeron na Deputación o acto sería un “encontro de veteranos militares”. Así as cousas, Carmela Silva quixo asumir en primeira persoa o “fallo no protocolo” que levou ó ente provincial a colaborar con Hermandad de Antiguos Caballeros Legionarios. Nesas impresións aparece o propio Millán Astray facendo un saúdo fascista.
A presidenta provincial lembrou, ademais, que as únicas persoas que merecen homenaxe son as vítimas e represaliados da Ditadura, pero nunca os dirixentes fascistas nin os seus herdeiros.
Carmela Silva demandou ós organizadores deste acto que “retiren inmediatamente os carteis que foron obtidos mediante o engano”, dixo. Apuntou que se non o fan, o seu equipo non descarta calquera tipo de acción para preserva-lo nome do organismo.