Todo listo para a XV edición da Festa do Lacón con Grelos

    previa_lacon_greloscopy.jpgCUNTIS> Para esta ocasión, o concello terá preparadas máis de dúas mil racións para atender ós comensais que se acheguen ata a localidade.

    {flowplayer}images/salnes/PREVIA_LACON_210212.flv{/flowplayer}

    A cita gastronómica por excelencia desta fin de semana será a décimo quinta edición da Festa do Lacón con Grelos. A praza da Constitución de Cuntis será un ano máis o escenario escollido para a celebración.

    Hoxe falamos co alcalde da localidade quen nos confesou que xa está case todo listo para o domingo. Máis de dous mil pratos estarán listos para todos aqueles que se queiran achegar ata esta localidade este domingo. 

    Ás doce do mediodía a actriz galega Dorotea Bárcena, ou máis coñecida como Amadora, dos Tonechos, dará lectura ó pregón. De seguido, celebrarase a cuarta edición de Vespalacón. Á unha a carpa degustación abrirá as súas portas. Ó igual que o ano pasado, o prezo do prato será de dez euros.

    Pola tarde haberá obradoiros de artesanía para os máis cativos, xogos populares e inchables. Agora só falta, dixo o alcalde, que a xente se anime a achegarse ata Cuntis este domingo. A festa rematará co enterro do Chapante ás nove da noite.

    Redacción Salnés