![]()
RIBEIRA> A decisión foi tomada no pleno cos votos a favor do Partido Popular e a abstención do resto dos grupos con representación municipal.
{flowplayer}barbanza/plenoribeiragarderia.flv{/flowplayer}
Despois de que a única empresa que presentara oferta ó proceso de adxudicación da xestión do servizo da gardería municipal fora desbotada ó non cumprir os requisitos establecidos nas bases, a corporación ribeirense decidiu onte pola noite, cos votos a favor do PP, e a abstención dos grupos da oposición, declarar deserta a concesión e abrir un novo proceso negociado.
Críticas á xestión
Sen dúbida este foi o punto máis candente dos incluidos na orde do día. No debate deste punto, o PSOE e o BNG, volveron a aproveitar a ocasión para arremeter contra o equipo de goberno polo retraso nas obras de ampliación da escola infantil de Cubeliños.
Outros acordos
Na sesión plenaria tamén se abordaron outros puntos de interese como a aprobación definitiva da ordenanza reguladora da venda ambulante ou a modificación do regulamento de utilización das instalación deportivas municipais.
Redacción Barbanza







