A vaga de roubos de Vilagarcía pon en alerta ós comerciantes

     VILAGARCÍA> Ademais de varios asaltos, agora os seus propietarios comezan tamén a sufrir atracos cando se atopan aínda dentro dos seus comercios.

    {flowplayer}images/salnes/RoubosVilagarcia290113.flv{/flowplayer}

    Nun principio os roubos producíanse pola noite, cando os comercios estaban pechados e aproveitando a ausencia de xente polas rúas. Pero no caso deste establecemento de ocio infantil, os ladróns entraron cando a súa propietaria aínda estaba dentro e obrigárona a entregarlles a recadación da caixa.

    Aínda que non quixo facer declaracións a cámara, segundo a propietaria a persoa que a atracou probablemente tería problemas coas drogas e grazas a súa descrición puido ser identificada. No caso desta pastelería sen embargo, nin rastro de quen rompeu a cristaleira cunha pedra e se levou o cambio da caixa.

    Roubos pequenos, xa que poucos son os cartos que gardan estes comercios pero que crean unha gran alarma entre os seus dependentes.

    A situación contrasta coa caída no número de roubos que presentaba hai uns días a xunta de seguridade de Vilagarcía. Que aseguraba que os índices de delincuencia diminuíran no último ano considerablemente. A presidenta dos comerciantes reclama máis presenza policial nas rúas.

    A policía continúa investigando os roubos para ver se hai conexións entre eles.

     Redacción Salnés