Galicia achégase xa os trescentos mil parados

          SALNES> España pechou o mes de xaneiro no albor dos cinco millóns de parados, segundo os datos facilitados polo Servizo Público de Emprego.

    {flowplayer}images/salnes/DATOS_PARO_XANEIRO_2013.flv{/flowplayer}
     
    Galicia, con case trescentos mil desempregados é a quinta comunidade na que máis subiu o paro neste arranque de 2013. Unha subida que se produciu nas catro provincias galegas, sobre todo na de Pontevedra, que xa supera os 115 mil parados, e na da Coruña, con algo máis de 114 mil.
     
    O Partido Popular indicou hoxe nun comunicado que a pesares de que os datos do paro aínda son malos, segue a frearse o ritmo de destrución de emprego, grazas á reforma laboral. Unha opinión que non comparte a maioría dos desempregados.
     
    O paro subiu en case tódolos sectores, sobre todo en servizos e agricultura.
     
    Redacción Salnés