PONTEVEDRA/SALNÉS> Pequenos beliscos do segundo premio e dun cuarto en Cambados e A Illa ou Noia son o máis destacado. En Pontevedra celebraron o segundo premio, un quinto e un cuarto. A meirande parte, números impresos por máquina, un dos fitos que deixa esta edición do sorteo xunto coa tardanza dos grandes premios. Un décimo do segundo premio, o 92.845, e outro dun quinto, o 74.012. Motivo máis que suficiente para destapar esta mañá a botella de champaña nesta administración de Pontevedra, a situada no Centro Comercial A Barca. A sorte xa pasara por aquí o ano pasado cun quinto premio que ó igual que os dous repartidos hoxe, venderon por máquina. Foi a tónica do sorteo deste ano. Moitos dos números premiados vendéronse por este método que cada vez xera menos desconfianza. Por máquina tamén venderon no bar Laya de Cambados o segundo premio. No momento de coñecer a nova non sabían cantos números podía nter repartidos, pero sospeitaban que poucos. Si sabe seguro os que repartiu o responsable da administración da Illa. Un único boleto dun cuarto premio, o 7.617, o mesmo que caeu tamén en Noia en a administración número sete da rúa Loureiro Crespo de Pontevedra. Números que foron saíndo ó longo da mañá nun sorteo que reservou para última hora o gordo. Pasado o sorteo, aqueles que non tiveran sorte, sempre poden probar co de Reis. As vendas aínda van lentas, pero coma tódolos anos, agárdase que repunten pasada a lotaría de Nadal. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/22/LOTARIAPONTEVEDRA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/22/SORTEO_LOTARIA.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas