A crise non frea a venda de disfraces neste Entroido

     SANXENXO> A compra de disfraces para este Entroido madrugador a penas se está a ver afectado pola crise económica.

    {flowplayer}images/salnes/compra_disfraces.flv{/flowplayer}

    E é que parece que despois de tantas penurias, a xente ten ganas de cambiar de personalidade por uns días e desfrutar.

    Malia o axustado do presuposto sempre hai algún carto para apañar un disfraz. Entre os disfraces favoritos seguimos encontrando os clásicos, os de sempre, pola súa comodidade á hora de vestilos; aínda que as cativas este ano tamén pediron algún que outro das bonecas vampiro Monster High.

    No tocante a seguridade este ano está máis controlada ca nunca. Cada día os controis son máis esixentes para evitar sorpresas desagradables.

    Só queda achegarse a tendas coma esta e escoller a personaxe na que nos queremos transformar estes días; e logo decidir onde imos a celebralo de entre toda a oferta que hai na comarca.

    Redacción Salnés