Louro reclama un impago da Xunta de 200.000 euros

     PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra volve a denunciar o impago da Xunta de Galicia dos máis de 200.000 euros…

    {flowplayer}images/salnes/louro_aris.flv{/flowplayer}

    … que o Ministerio de Fomento lle transferiu para facer fronte ó pago da metade que lle corresponde da segunda e terceira fase da Área de Rehabilitación Integral de Estribela.

    Malia as reiteradas peticións do concello dos máis de cento cincuenta e un mil euros da segunda fase, rematada no 2011, e dos case sesenta mil da terceira rematada o ano pasado; a Xunta non transfire esta cantidade que virá a complementar o outro cincuenta por cento que ten que achegar a Consellería de Política Territorial.

    Esta negativa obriga ó Consistorio pontevedrés a asumir cos seus propios recursos as subvencións e os gastos das obras destas urbanizacións agora que está a piques de comezarse ca quinta fase desta ARI. Precisamente a Comisión de Valoración ven de acordar que se realicen unhas 42 actuacións en vivendas e edificacións deste entorno de Estribela durante as tres próximas anualidades; dúas máis que as previstas inicialmente; por una valor global de case 338.000 euros; dos que case 266.000 serán subvencionados. O importe das subvencións individuais ascende ata o 80 % de cada actuación; o que supón un tope de ata 10.000 euros.

    As obras desta quinta fase comprenderán a rehabilitación integral do edificio sito no número 58 da Avenida de Avelino Montero Ríos; outras sete obras individuais de veciños da Estribela; actuacións mixtas entre vivendas e elementos comúns de edificacións e a reforma integral da rúa de Comboa, que neste caso, se prolongará ata o ano 2016. Asemade, esta comisión de valoración continúa á espera de coñecer algún detalle da ARI do Centro Histórico pontevedrés, prometida en campaña electoral e da que nada volveu a saberse.

    Redacción Salnés