As chuvias non frean o Entroido no Salnés

     O SALNÉS> Nunca un día de caza fora tan comentado como o da súa maxestade o Rei don Juan Carlos en Botswana.

    {flowplayer}images/salnes/desfiles_cambados_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    E é que non hai desfile de Entroido no que non apareza, coma neste de Vilagarcía desta tarde no que se presentou, con toda a súa familia xenro incluído, mal que lle pese. Amais da familia Real, tamén puidemos ver moitos outros disfraces ocorrentes polas rúas da capital arousá como o do elenco da película Avatar ó completo, ca árbore da vida incluída. E puidemos acompañar esta película dunha xantar rápido dunha gran cadea de alimentación norteamericana e dunha cervexa. Logo, podemos rebaixar a cea cun baile de cabaret, ou relaxarnos cun espectáculo de cabaret ou vendo as últimas novas sobre a corrupción nalgúns partidos políticos ou as liortas internas nos vestiarios dalgún equipo de fútbol de primeira división. Todo isto e moito máis deixouse ver polas rúas de Vilagarcía no gran desfile de Entroido deste martes de Carnaval que fixo as delicias de grandes e pequenos. 

    En Cambados o desfile comezou esta tarde na escalinata de San Tomé. Desde aquí partiron en comité os disfraces máis creativos da comarca tocando motivos do máis variado; desde as series máis famosas da televisión como os Pitufos, o equipo A, ou os Picapedra ata disfraces ven axeitados para o frío de hoxe como estes tiroleses, ou estes esquimais, ou tamén estoutros ó carón do muíño ou  dun café.

    Tamén houbo quen preferiu recrear o mundo dos fármacos agora que está de moda o do cobro por receita; ou quen se valeu do romántico desta semana para facer unha chamada a San Valentín…Tamén houbo quen traballou arreo para escenificar un circo antigo.

    E estando en Cambados que mellor que facer referencia ó autóctono; as veiras, a Torre de San Sadurniño, o Porto de Tragove, entre outros moitos motivos que alegraron por unhas horas ó público que se achegou a desfrutar dun acto máis do Entroido en Cambados.

    Redacción Salnés