‘Os autónomos equivócanse se non apoian a folga xeral’

    folga_autonomos_100.jpgVILAGARCIA> CCOO e UXT aseguran que se os traballadores perden capacidade adquisitiva consumirán menos, e os comerciantes perderán.

    {flowplayer}images/salnes/CCOO_FOLGA_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
    Se aumenta o paro, caen os salarios e se conxelan as pensións o gasto que realizan os cidadáns contraerase. Consecuencia: os comercios reducirán as súas vendas. Este é o principal argumento esgrimido por Comisións Obreiras e UXT para animar ó colectivo dos autónomos a que se sumen ó paro xeral destes mércores.
    Pero Comisións e UXT alerta tamén do dano que a actual reforma laboral pode carrexar ó sistema público da Seguridade Social, nestes intres cun superávit de 62.000 millóns de euros, ou da posibilidade de que a perda de recursos económicos desemboque na aparición da tarxeta de copago da sanidade, é dicir, que parte do gasto de asistencia médico sanitaria o terá que pagar o usuario.
    Desde o sindicato conclúen que o recorte de dereitos laborais incidirá tamén na capacidade dos autónomos para conseguir melloras nos seus convenios Comisións Obreiras e UXT lembran que a folga é un dereito, polo que os traballadores non teñen a obriga de notificar por escrito a súa falta o día 29. Desde o sindicato engadiron que nos contactos mantidos coas grandes empresas privadas da comarca xa chegaron a acordos para que aquelas que teñan que manterse en funcionamento por cuestións de produción o fagan cun plantel mínimo.
    Redacción Salnés