![]()
VILAGARCÍA > As chuvias desta noite volveron a provocar algúns pequenos asolagamentos en Lago, Rubiáns. Aquí os veciños levan meses queixándose por este problema …
… que se repite con cada chuvia. Por isto, e pola falta de respostas do Goberno Local, van acudir ó vindeiro pleno municipal no que lle esixirán ó Concello a busca dunha solución que non permita que se volvan a producir situacións coma a desta mañá.
O problema destes veciños de Lago coas obras do vial de aceso ó Porto de Vilagarcía remóntanse a hai case dous anos, co comezo das mesmas. Dende aquela os asolamentos nas súas casas e fincas repítense con cada chuvia, que trae ata esta parroquia as augas acumuladas no lugar das obras. E é que malia a levar meses protestando, non dan conseguido que a empresa adxudicataria da infraestrutura do Ministerio de Fomento canalice as augas que empregan para o os traballos da obra.
Hai un meses varios afectados tiveron unha xuntanza coa alcaldesa de Vilagarcía e técnicos do Concello que lle aseguraron que ían intentar arranxar a situación o antes posible, pero o certo é que ata o de agora non tiveron ningunha resposta, e as chuvias intensas coma a desta noite, seguen a estragar as súas colleitas, leiras e tamén lle afectan ás vivendas. Por isto lle van a esixir ó Goberno Local que realice a súa función mediadora entre os afectados e os responsables da infraestrutura no pleno municipal do xoves vindeiro.
Pero os problemas destes veciños coas obras do vial de aceso ó porto vilagarciá non rematan aquí. Agora tamén están a traballar na elaboración dunhas reclamacións que entregarán a semana próxima no Concello, con motivo das gretas e outros danos causados polas explosións feitas para a construción da infraestrutura.
Redacción Salnés








