![]()
CAMBADOS> Segundo Protección Civil un curtocircuíto foi o causante do incendio. O propietario foi trasladado ó Hospital do Salnés.
{flowplayer}images/salnes/INCENDIO_PISO_VALVANERA.flv{/flowplayer}
O incendio tivo lugar ó redor das doce da mañá no terceiro piso do número 21 da rúa Valvanera, no barrio de San Tomé en Cambados. Foi o 112 o que deu a voz de alarma tanto a Protección Civil coma ós Bombeiros do Salnés. Cando chegaron ó lugar atopáronse con que estaba ardendo o salón dunha das vivendas do edificio, producindo ademais unha mesta fumareda que obrigou a desaloxar a tódolos veciños do inmoble.
O inquilino do inmoble afectado, un home duns cincuenta anos, tivo que ser trasladado inicialmente ó Punto de Atención Continuado de Cambados por inhalación de fume, para logo ser derivado ó Hospital do Salnés.
Segundo este efectivo de Protección Civil un curtocircuíto foi o causante do incendio aínda que os propietarios non souberon determinar se tiñan algún aparato eléctrico no salón.
Ata o lugar tamén se desprazou a Policía Local de Cambados e a Garda Civil.
Redacción Salnés







