Ducias de barbanzáns declaran pola concesión de licencias ilegais de caza

     BARBANZA> A Fiscalía de Medio Ambiente, en colaboración co Seprona, investiga a concesión en Galicia de centos de licencias…

    {flowplayer}images/salnes/licenzas_caza.flv{/flowplayer}

    … de caza de xeito irregular. Segundo as primeiras pesquisas, os feitos teríanse iniciado no 2009. Desde aquela e ate o de agora, serían os propios funcionarios da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente os que tramitarían estas licencias previo pago de cento cincuenta euros, evitando así realizar o correspondente exame que a Xunta impón como obrigatorio no 2008.

    Este exame para obter a primeira licenza de caza que non vai máis aló que a realización dunha primeira proba teórica de sesenta preguntas tipo test en hora e media; e dunha proba práctica dunha hora na que hai que identificar unhas especies que se atopan na fauna galega.

    Paradoxicamente, os trámites destas licencias fraudulentas serían moito máis áxiles que as realmente legais; tardando soamente un par de semanas como moito. No dous lados do monte Barbanza terían sido ducias de cazadores os beneficiarios destas licencias, sobre todo xente nova, dado os anos nos que se outorgaron as mesmas; aínda que hai homes de varias idades.

    Este luns comezaron a declarar os primeiros deles, aínda que moitos decidiron renunciar a este dereito tras terlle sido presuntamente “recomendado” fai uns días polo mesmo funcionario con posto en Noia que lles tería facilitado o acceso ás licenzas fraudulentas. Este silencio custaralles a retirada da licencia, alomenos, ata que saia o xuízo.

    Redacción Barbanza