O Club SKT Noia organiza unha velada de boxeo solidaria

NOIA> Este próximo venres 23 de abril disputarase en Noia unha velada de boxeo. a actividade está organizada polo Club Deportivo SKT, en colaboración co Concello e a Federación Galega de Boxeo. A cita terá tamén un fin solidario en favor da Asociación Gallega de Heteroplasia Ósea Progresiva.

O concello de Noia foi escenario esta mañá da presentación da próxima velada de boxeo organizada polo Club Deportivo SKT, en colaboración co Concello e a Federación Galega de Boxeo. A cita terá lugar este próximo venres a partir das sete da tarde no pavillón polideportivo Agustín Mourís.

A velada terá ademais un carácter solidario, pois irá en favor da Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva. Un xesto que agradece dende o colectivo.

A situación  covid obrigará a limitacións de capacidade no pavillón, aínda que dende a organización confía en poder cubrir todo o aforo. A cita será retransmitida tamén a través da propia canle de Youtube da Federación Galega de Boxeo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí