O Concello e Larsa firman un acordo para ampliar as instalacións

     VILAGARCIA> A Corporación Peñasanta que dirixe a fábrica de Larsa en Vilagarcía ven de asinar un convenio co Concello

    {flowplayer}images/salnes/convenio_ampliacion_larsa.flv{/flowplayer}

     … da capital arousá co que recadar a súa colaboración para ampliar as súas instalacións ata uns 9.000 metros cadrados. Con esta nova superficie, o grupo lácteo poderá reformular esta factoría para facela máis competitiva mediante a producción de productos lácteos destinados a outras empresas alimenticias.

    A xerencia de urbanismo ven de acordar unha modificación puntual co fin de posibilitar que Larsa incremente a ocupación do terreo.

    A partires de aquí, o Concello intentará axilizar os trámites correspondentes con outros entes por se fosen precisos estudios de impacto medio ambiental ou licenzas de patrimonio.

    O Concello de Vilagarcía recibirá como contrapartida a cesión de parte do patrimonio desta fábrica e dos seus accesos, que no futuro poderían ser empregados para desconxestionar a baixada da autoestrada e a Avenida de Pontevedra.

    Amais o Goberno Local xustifica esta actuación en base ó compromiso de Larsa de manter, e mesmo incrementar os postos de emprego neste Concello nos próximos anos. Neste punto Fole lamenta que outras empresas con necesidade de reordenación non desen a oportunidade ó Concello para axudar e poder así evitar o desmantelamento progresivo do tecido industrial da Arousa.

    Redacción Salnés