O Liceo proxecta un ambicioso centro de ocio e deporte

     VILAGARCÍA> A actual directiva quere construír o espacio na casa de Calderón, un inmoble situado na laguna da Comboa.

    {flowplayer}images/salnes/PtacProxectoLiceo_200213.flv{/flowplayer} 

    O Liceo Casino de Vilagarcía ten entre mans un proxecto que podería converter á sociedade nun referente a nivel autonómico e nacional. A actual directiva quere construír un espacio para o deporte e o ocio na casa de Calderón, un inmoble situado na laguna da Comboa. Un proxecto ambicioso no económico e ó que podería darse luz verde no mes de marzo.

    Será sometido á votación dos socios nunha asemblea extraordinaria que se celebrará en marzo. Antes, este venres lles será presentado pormenorizadamente. A directiva, a través dunha inmobiliaria, atopou na casa da Calderón, arrasada por un incendio en 2001, un espacio céntrico e amplio onde construír un centro deportivo e de ocio. Sería un edificio de catro plantas: a primeira para a cafetería, a segunda destinada a un restaurante e salón social e a terceira para un ximnasio. A cuarta quedería por ver o que se fai con ela. O prato forte viría no exterior, coa instalación dunha piscina, pistas de padel e tenis ou un campo de fútbol 7.

    A nivel económico, a adquisición da finca custaríalle á sociedade uns 375.000 euros, sen contar a construcción do centro que podería ser financiada por unha empresa a cambio da concesión durante 15 anos da explotación dos espazos de cafetería e o restaurante. Os socios afrontarían o pago da compra dos terreos, uns 15 euros mensuais durante dous anos, para poder desfrutar do centro despois a un prezo de 25 euros por familia. 

    Segundo Antonio Castro este é un primeiro paso dentro dun ambicioso proxecto co que se pretende dar un completo lavado de cara ó Liceo Casino.

    Redacción Salnés