A Audiencia Provincial absolve ao ex-xefe da Policía Local de Boiro do delito de prevaricación

BOIRO> A Audiencia Provincial da Coruña absolveu ó exxefe da Policía Local de Boiro, Manuel Feás, acusado de cometer un presunto delito de prevaricación continuada por irregularidades na tramitación das multas de tráfico.

Segundo se recolle na sentenza os feitos polos que se lle acusou non son o suficientemente concluíntes, ó non quedar probado que o feito de que as denuncias non se chegasen a tramitar se deberá a unha actuación intencionada por parte del para favorecer a algún coñecidos.

Ante esta sentenza, cabe recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Un trámite que os servizos xurídicos do concello de Boiro, de quen partiu a denuncia, están a estudar nestes momentos.

Cabe lembrar que a Audiencia Provincial xa absolvera en febreiro pasado ó ex-xefe da Policía Local por outra denuncia presentada polo Concello contra el, neste caso por un delito de malversación relacionado coa compra irregular de uniformes e outro material para o corpo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí