‘Non pretendiamos un festón, pero é unha festa cumprir 100 anos’

     VILAGARCÍA> O alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, presentou o programa de actos do Centenario da fusión de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía.

    {flowplayer}images/salnes/ACTOS_CENTENARIO_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
     
    Exposicións, eventos deportivos, concertos e publicacións conforman o programa deseñado para celebrar o centenario da fusión de Carril, Vilagarcía e Vilaxoán. Unha programación que arranca xa o vindeiro 1 de marzo, o día propio no que se cumpren cen anos da unión, no que haberá un acto institucional no Concello coa participación do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.
     
    O alcalde Tomás Fole insistiu en que se trata dun programa no que queren implicar a toda a cidadanía e facer ver que a unión foi positiva, que nestes cen anos os tres pobos avanzaron xuntos mantendo a súa idiosincrasia e convertendo a Vilagarcía de Arousa na oitava cidade de Galicia.
     
    Con motivo destes cen anos creouse unha marca propia que simboliza a unión das tres vilas por unha liña de costa. E tamén se fará unha escultura con esa imaxe. O Concello creou un comité de honra presidido polo Rei e no que tamén forman parte os presidentes do goberno central e autonómico, da Deputación de Pontevedra, e os patróns maiores.
     
    Redacción Salnés