Veciños de Cambados denuncian vertidos no río Umia

    CAMBADOS > Veciños de Castrelo e o colectivo de mariscadores piden á Corporación Municipal de Cambados unha solución real ó problema dos vertidos que están a contaminar tanto o mar coma o río Umia. Aseguran que isto xa foi denunciado en moitas ocasións co que tan só lograron que se construira unha pequena depuradora que non funciona, o que está a afectar gravemente á economía de moitas familias da zona.

    vertidoscambados_200_110706.jpgMariscadores e veciños de Castrelo están fartos da situación que levan vivindo dende fai xa algún tempo a causa dos vertidos tóxicos que chegan ó mar e que están acabando con todo o marisco da zona.

    O problema xa fora denunciado en sucesivas ocasións polo Seprona e asociacións veciñais e marisquieras sen éxito algún. Fixo falta alertar á Xunta de Galicia para que o Concello de Cambados tomara cartas no asunto, tras ser denunciado pola Conselleria competente debido ás condicións insalubres da costa.

    O Concello investiu unha importante suma de diñeiro nun plan de reparación e recuperación que incluía a construcción dunha pequena depuradora en O Facho para purifica-las augas contaminadas. Sen embargo, este plan truxo consigo máis problemas que solucións, xa que a depuradora nin é suficiente nin funciona. Traballadores e veciños queixanse do trato que están a recibir por parte da Corporación Municipal e piden máis atención e solucions eficaces a un problema de todos.

    Redacción Salnés