Ahituvi acata as multas do concello pero rexeita os peches

     VILAGARCÍA> O establecemento máis perxudicado é o Lembranza: 600 euros de multa e un mes de peche

    {flowplayer}images/salnes/PecheLembranza_210213.flv{/flowplayer} 

    Non lle tremeu a man ó goberno de Tomás Fole. Medidas contundentes e exemplares. Os cinco establecementos hostaleiros sancionados polos excesos derivados da celebración da Festa da Auga, coñecen dende onte, cando recibiron as notificacións, o prezo que terán que pagar.

    O peor parado sen dúbida, o Lembranza, ubicado na rúa da Baldosa. Terá que abonar 600 euros de multa e pechar o negocio durante todo o mes de marzo. As súas faltas: desobedecer os mandatos da autoridade e orixinar desordes na vúa pública, ou o que é o mesmo, manter unha barra na rúa máis horas das permitidas.

    Dende a Asociación de Hostaleiros de Vilagarcía xa amosaron o seu rexeitamento a esta decisión. Aceptan as multas pero ven desmedidos os peches. 

    O presidente de Ahituvi considera que no caso do Lembranza, o peche durante un mes é un período excesivamente longo e traerá graves prexuízos económicos para o seu propietario. Entre medias perderase a Semana Santa, época de grandes ingresos. 

    Os outros establecementos sancionados son o Neptuno ó que lle caeron 15 días de peche e 2.500 euros de multa; unha semana de clausura e 600 euros para o Huracán e o Más o Menos, e 300 euros e unha semana para o Derby. Sancións todas elas duras, que segundo Roberto Gerpe failles tomar nota para vindeiros anos.

    Contra a decisión do concello cabe un recurso de reposición que deberá presentarse no prazo máximo dun mes. No caso das multas, teñen que facer o pago antes de quince días.

    Redacción Salnés