Pesimismo entre a familia de Diana Quer ante a falla de pistas sobre o seu paradoiro

    RIBEIRA> Case dúas semanas despois de marchar para Madrid, o pai de Diana Quer volveu á comarca onde desapareceu a súa filla. Juan Carlos Quer estivo nos xulgados de Ribeira, acompañando á súa filla menor, Valeria, que foi citada pola xuíza do Xulgado número 2 que instrúe o caso da custodia das dúas rapazas. Ás dez de mañá entraban nos xulgados de Ribeira Juan Carlos e Valeria Quer. Tal e como deixou claro o pai, a visita non tiña relación coa desaparición da súa filla maior, Diana, caso que instrúe o Xulgado número 1 de Ribeira; senón coa retirada da custodia de Valeria á súa ex Muller, caso que instrúe o XUlgado número 2. A que estaba citada era a menor. Máis de catro horas despois de entrar nos Xulgados, Juan Carlos Quer comparecía antes o medios, mentres a menor, acompañada do seu tío, agardaba no coche acompañada polo seu tío, nas dependencia xudiciais. O pai de Diana Quer asegurou que a menor está pasando por un momento moi difícil e que está volcado en axudala a superalo. O pai de Diana quixo defenderse tamén das acusacións verquidas nesta xornada nalgún medio, arredor dunha suposta denuncia de Diana e a súa nai, a Juan Carlos, hai tres meses. Asegurou que as súas fillas foron vítimas dunha “manipulación atroz”, segundo dí, por parte da súa nai. O pai da moza desaparecida na Pobra o pasado 22 de agosto, relatou que él mesmo despositou neste xulgado tres arquivadores con documentación recompilada desde decembro do 2013, na que se proban, segundo afirma, as irregularidades que están tendo lugar en todo o proceso da custodia das dúas irmás. Por respecto ás súas fillas, rematou afirmando Juan Carlos Quer, éstas foron as últimas declaracións que fará os medios de comunicación. O pai de Diana Quer afirmou tamén que as expectativas de atopar con vida á súa filla Diana non son as mellores. Transcorridas máis de tres semanas sen ningunha pista sobre o seu paradoiro, as esperanzas das da familia van decaendo. Arredor da investigación, Juan Carlos Quer asegurou que confía plenamente no traballo que está levando a cabo a Policía Xudicial e a Garda Civil. Cónstalle que pola súa banda estánse poniendo tódolos esforzos humanos e os recursos técnicos para dar solución a este caso.