PORTO DO SON> O Urbapaz do Club Náutico Cabanas alzouse co triunfo na Regata Mar de Finisterre-Trofeo Pitusa Sabín desputada este fin de semana. Na case cruceiro regata o vencedor foi o Adegas Terrae de Vigo mentres que nos Open fíxose coa vitoria o Totem do Náutico de Portosín.
O Urbapaz, de Fran Edreira, liderou as dúas xornadas da regata converténdose en vencedor indiscutible da categoría absoluta. A embarcación do Náutico de Cabanas foi a primeira en completar a proba longa do sábado cun trazado de ida e volta entre Portosín e a enseada de Fisterra nun trazado de ida e volta facédose tamén co primeiro posto no percorrido costeiro do domingo. Xunto a el, completan o podio da clase regata dúas embarcacións do Náutico de Portosín, o Siradella de Francisco Gude e César Álvarez e o Alcaraván III de Pablo García-arenal.
En cruceiro-regata o triunfo foi para o Adegas Terrae, do Náutico de Vigo, que confirma así a súa boa racha tras galar o Rías Baixas na División dos ORC3. O Orión e o Namasté, ambos de Baiona, fixéronse co segundo e terceiro posto. Na categoría Open, tódolos trofeos quedaron na casa co Totem, o Bacos e o Atlante, todos do Náutico de Portosín, en primeiro, segundo e terceiro posto.
Trala entrega de premios, presidida por Pitusa Sabín e Jacinto Hernández, tódolos participantes disfrutaron dun xantar de confraternidade nas instalacións do RCN de Portosín.