POBRA> Os nacionalistas recollen así o malestar de moitos veciños con mobilidade reducida que, nos días de mercado ou noutros eventos, ven ocupados as súas zonas de estacionamento.
{flowplayer}barbanza/bngpobramobilidadeurbana.flv{/flowplayer}
Días coma o de hoxe, no que se celebra na vila o tradicional mercadiño ambulante, o concello vese obrigado a ocupar, para o bo desenvolvemento do mesmo, unha zona con espazos habilitados para o estacionamento de vehículos das persoas con mobilidade reducida. O BNG da localidade, recollendo as queixas de moitos veciños que padecen esta situación pídelle ó executivo que cando, por algún motivo se vexa obrigado a ocupar estas zonas, habilite estacionamentos alternativos reservados para estas persoas.
Redacción Barbanza












