Ribeira acollerá a primeira travesía de mushing de media distancia

    RIBEIRA> A carreira, que forma parte do circuíto estatal desta especialidade deportiva, reunirá a un total de 15 equipos participantes chegados dende diferentes comunidades españolas.

    {flowplayer}barbanza/primeirocircuitomushingribeira.flv{/flowplayer}

    Ribeira será escenario esta próxima fin de semana da Travesía de Mushing de Media Distancia ‘Riveira Activa’, última das oito probas integrantes do Circuíto Estatal desta chamativa especialidade deportiva baseada nunha forma de transporte de orixe de nórdica consistente no uso de cans de tiro. Dase a circunstancia que a de Ribeira será única que se disputa en Galicia.

    Alta participación

    Na proba tomarán parte un total de 15 equipos chegados dende diferentes comunidades españolas como é o caso de Cataluña, Navarra, e Madrid integrados por máis de 50 cans. O campionato terá lugar en dúas mangas.

    Agradecementos

    Dende o concello agradeceuse a implicación das asociacións Arousa Ocio e Natureza e Sálvora, así como das clínicas veterinarias Riveira e Bosco, que colaboran de xeito altruísta no desenvolvemento da travesía. A entrega de trofeos terá lugar o domingo ó redor da unha e media da tarde na Praza de España.

    Redacción Barbanza