A selección xógase a súa permanencia na Liga Europea

 PONTEVEDRA> A selección española masculina de tenis de mesa xógase a súa permanencia na liga Europea e vaino facer en Pontevedra. Será o día 12 de marzo nun encontro a vida ou morte fronte a Serbia. Ademais da elite nacional masculina simultaneamente xogará o equipo femenino fronte a Rumanía

{flowplayer}images/salnes/PtacFinalSuperliga_280213.flv{/flowplayer} 

O Pavillón Muncipal dos Deportes de Pontevedra será o encargado de acoller o martes 12 de marzo a partires das sete da tarde a última xornada da Liga Europea das Nacións. Estarán tanto a selección masculina como a femenina.

Para as mulleres é un partido de trámite ante a campiona de Europa, Rumanía, toda vez que xa acadaron a permanencia. Todo o contario que nos homes, que xóganse a salvación ante Serbia, logo de perder tres dos catro partidos que disputaron ata o momento.

Nunha semana na que tamén en Pontevedra se estiveron a celebrar os Campionatos de España deste deporte, o alcalde incidiu na importancia que estes eventos teñen para a cidade, xa que son dinamizador da economía. 

O obxectivo dende o goberno local é atraer o maior número de xente ó Municipal dos Deportes, por iso farán unha campaña de promoción do evento durante os vindeiros días.

Redacción Salnés