Máis de 1200 rapaces participarán no Festirititití de AMICOS pola inclusión

BOIRO> AMICOS volverá celebrar o Día Internacional da Discapacidade cunha gran festa pola inclusión. O Festirititití reunirá en Boiro a máis de 1200 rapaces o próximo 3 de decembro.

A Asociación AMICOS ultima os preparativos para conmemorar o Día Internacional da Discapacidade o próximo 3 de decembro. Farao como xa é tradición co Festirititití que reunirá a máis de 1200 rapaces de 20 centros educativos da comarca nesta gran festa pola inclusión.

A xornada dará comezo ás dez da mañá no parque da Cachada con zancudos, xogos e moitas sorpresas. En caso de chuvia desenvolverase na pavillón de Barraña.

Ademais do apoio do concello de Boiro, a entidade conta coa inestimable colaboración de Jealsa non só para a celebración do festival senón noutros moitos programas que evidencian o firme compromiso do grupo empresarial coa inclusión.

Ademais de Jealsa como principal patrocinador, este ano sumáronse novas entidades colaboradoras como Gadis ou MacDonalds entre outras.