A POBRA> Éxito do Festival Entre Bateas da Pobra que volveu con máis forza tras dous anos de parón. Un completo cartel con bandas míticas de rock e metal xunto con numerosas actividades complementarias fixeron desta a mellor edición da súa historia.
A caída de Heredeiros da Crus do cartel, por motivos de saúde, non desluciu en absoluto o Festival Entre Bateas que durante a fin de semana atraeu ata Pobra a numerosos visitantes. Bandas como Hamlet, encargada de substituír ós barbanzáns, Soziedad Alkohólica, Agoraphobia ou Golpe Radikal fixeron as delicias dos amantes do metal e do rock congregados na praza Alcalde Segundo Durán.
Con este éxito, entre Bateas pecha o calendario dos festivais de verán en Galicia converténdose xa nunha cita de referencia en toda a comunidade.