A Deputación da Coruña mellorará seis viais da súa titularidade na Pobra

    POBRA> As actuacións enmárcanse no Plan de Conservación de Vías ó que o concello pobrense lle corresponden preto duns cen mil euros.

    {flowplayer}barbanza/planconservacionestradasprovinciaispobra.flv{/flowplayer}

    Un total de seis estradas provinciais ó seu paso polo concello pobrense veranse melloradas con cargo ó Plan de Conservación de Vías, aprobado recentemente pola Deputación da Coruña. Trátase dos viais da Lomba a san Isidro, de Colo de Arco a Aldea Vella, da praia da laxe a Riomorto, o acceso ó miradoiro da Curota, do Campiño a Cabío e o ramal dos Casás a Pumadiño. Todas elas supoñen un investimento de preto dos cen mil euros.

    Informe detallado

    Con anterioridade, o executivo pobrense realizou un estudo de tódolos viais de titularidade provincial ó seu paso polo municipio para coñecer en cada caso o seu estado e así poder levar a cabo a mellora.

    Redacción Barbanza