Deteñen en Cataluña a unha das bandas que atracou unha xoiería en Ribeira

    RIBEIRA> A Policía Nacional xa ten identificado ó outro dos grupos organizados que tamén actuou na capital barbanzá nas últimas semanas.

    {flowplayer}barbanza/detencionroubosxoieriasribeira.flv{/flowplayer}

    O primeiro dos grupos organizados que cometían atracos a xoierías en toda España foi detido en Cataluña. Trátase dunha parella de nacionalidade romanesa. Eles foron os que subtraeron o pasado mes de xaneiro dous reloxos valorados en 11.000 euros na xoiería Blanco, ubicada na céntrica rúa de Galicia. O outro dos grupos, xa identidicado, ó que a policía lle segue a pista é ó parecer o autor do roubo, tamén no mes de xaneiro, na xoiería Fina Carabel. Trátase dunha banda formada por cinco persoas de orixe sudamericana, que conseguiu levarse dese establecemento comercial unha manta de xoias valorada nuns oito mil euros. nos dous casos actuaban do mesmo xeito, accedías ós comercios en horario comercial e despois de realizar diversas manobras de distracción ós empregados, lograban subtraer pezas de xoiería de gra valor. Todos eles teñen antecedentes por feitos similares e tamén por falsidade documental.

    Redacción Barbanza