O sector pesqueiro traslada ó Congreso a súa preocupación ante os parques eólicos mariños

RIBEIRA> O presidente da Federación Galega de Confrarías cualificou de positiva a visita de varios representantes do sector pesqueiro ó Congreso dos deputados. Alí, a plataforma integrada polos colectivos adheridos ó Manifesto de Burela trasladou ós distintos grupos políticos a súa preocupación ante a instalación de parque eólicos mariños nos seus caladoiros.

Representantes das confrarías, organizacións de produtores e demais entidades adheridas ó manifesto de Burela mantiveron unha xuntanza no Congreso dos Deputados para trasladarlle ós distintos grupos parlamentarios as súas inquedanzas ante os efectos negativos que tería a instalación de parques eólicos mariños nos caladoiros en que faenan.

A intención da plataforma é trasladarlle ó Ministerios de Trasnición Ecolóxica as conclusións extraídas dunha recente visita á localidade portuguesa de Viana do Castelo onde a instalación de tres aeroxeradores tivo consecuencias moi negativas sobre a pesca.

Tralas boas impresións con que chegaron de Madrid, agardan que o goberno central teña en conta a opinión do sector pesqueiro antes d tomar decisións que afecten ó seu medio de vida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí