RIANXO> O alcalde, Adolfo Muíños, segue a insistir na importancia das obras de mellora da rede de saneamento e a renovación da depuradora que se están a executar actualmente na vila e que está a xerar bastante polémica. Aínda así entende o malestar de moitos comerciantes e hostaleiros agraviados polo peche do Paseo da Ribeira.
Segundo el o Concello está a traballar na busca de posibles alternativas que na medida do posible suavicen un pouco a situación, aínda que estas son complicadas. Así o próximo martes está prevista unha reunión no Concello, á que asistirán responsables da obra, tanto técnicos da empresa que executa os traballos, como tamén da Xunta, e representantes de comerciantes e hostaleiros, na que se tratará de buscar a mellor opción posible para todos.