Núñez Feijóo preside os actos do centenario vilagarcián

     VILAGARCÍA> Hoxe cúmprense cen anos do nacemento do concello de Vilagarcía, como resultado da adhesión de Carril e Vilaxoán

    {flowplayer}images/salnes/CentenarioVilagarcia_010313.flv{/flowplayer} 

    Ás portas do concello agardaban uns 300 manifestantes de Cuca, Alfageme e da área sanitaria para facer oír ás súas protestas ó presidente autonómico.

    Neste acto institucional do centenario, que arrancou contra as 19 horas, participaron representantes da corporación municipal de tódalas cores políticas, ex alcaldes da cidade como Dolores García ou Javier Gago e representantes de colectivos sociais e veciñais do municipio. Tamén estiveron representantes do Partido Popular tanto no parlamento como na Deputación, como José Manuel Cores Tourís, Pilar Rojo ou Chema Figueroa.

    No acto solemne, que tivo lugar no Salón de Plenos, tomaron a palabra Tomás Fole e o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo, que ademais asinou no Libro da Cidade.

    O himno galego, interpretado polo gaiteiro Cristian Silva e a cantante Marina Pena, puxo o peche ó acto institucional. A celebración trasladouse logo ó Auditorio Municipal onde se representou a Farsa das Espadas de Carril, a Coral Máximo Patiño interpretou a Salve Mariñeira e a Banda de Música Municipal ofreceu un concerto, que arrancou contra as oito do serán.

    Redacción Salnés