RIBEIRA> Ribeira acollerá o vindeiro 2 de setembro a decimo novena edición da Andaina 50 K, enmarcada na Liga Galega de Sendeirismo. 250 participantes daranse cita nesta proba que percorre algúns dos encraves naturais máis fermosos do municipio.
Xa hai preto de 200 inscritos para andaina 50K Concello de Ribeira que se celebrará o 2 de setembro. O percorrido consta de dous bucles, con saída e chegada no polideportivo da Fieteira.
Como novidade este ano non se repartirán envases de plástico nos puntos de avituallamento polo que os participantes deberán portar unha cantimplora para encher.
A proba forma parte da Liga Galega de Sendeirismo que se puxo en marcha este ano. Ademais de promover a práctica deportiva e hábitos de vida saudables, este tipo de eventos favorecen a dinamización económica do concello e de toda a comarca a través do turismo deportivo.