OUTES> Manuel González, candidato de Compromiso Outes, repetirá como alcalde tras chegar a acordo co BNG e PSOE. As tres forzas integrarán un goberno tripartito no que os candidatos nacionalista e socialista asumiran a primeira e segunda tenencia de alcaldía.
Off
Con este acto de sinatura, Compromiso Outes, BNG e PSOE selaban o acordo de goberno que permitirá investir a Manuel González como alcalde o próximo 7 de xullo. Tras varias xuntanzas, as negociacións frutificaron e as tres formacións políticas puxéronse de acordo para conformar unha coalición de signo galeguista e progresista que traballará polo crecemento económico do municipio e a mellora dos servizos básicos.
Inserto
O futuro alcalde, Manuel González asumirá as competencias Facenda, Persoal, Urbanismo e Desenvolvemento Económico. Compromiso por Outes ostentará tamén a terceira tenencia de alcaldía, as concellerías de Obras e Servizos, Medio Ambiente e Educación.
O candidato nacionalista, Anxo Núñez, será tenente de alcalde e xestionará as áreas de cultura, xuventude e festas, turismo e patrimonio, mobilidade e comunicacións.
O socialista Antonio Caamaño ocupará a segunda tenencia de alcaldía e asumirá as delegacións de deportes, igualdade e benestar, relacións veciñais e medio rural.











