A POBRA> A Pobra celebra ó longo deste mes de outobro as XXVI Xornadas en homenaxe a Valle-Inclán. O teatro centra boa parte da programación na que tamén se inclúen exposicións, presentación bibliográficas, roteiros teatralizados e cafés-tertulia.
Un total de quince citas compoñen a programación da vixésimo sexta edición das Xornadas Valle-Inclán da Pobra que arrancarán este domingo coa primeira representación teatral a cargo de teatro del Norte.
Precisamente, o director xeral de Cultura destacou a importancia destas xornadas, enfocadas cada vez máis ás artes escénicas.
Ademais do teatro, entre as propostas desta edición destaca como novidade o Café con Ele, a modo de tertulia, ou un roteiro teatralizados polos escenarios valleinclanianos da Pobra.
O alcalde da Pobra aproveitou a presentación das xornadas para sinalar o fito que suporá a creación do fondo de estudos valleinclanianos grazas ós fondos cedidos polo neto do escritor. Destaca ademais a ilustración da cartelería deste ano realizada por Siro López.











