A Deputación asina o novo contrato do consorcio de Bombeiros

     PONTEVEDRA> Antes do verán, entre os meses de maio e xuño, unha nova empresa, Matinsa, farase cargo da xestión conxunta…

    {flowplayer}images/salnes/consorcio_incendios_pontevedra_.flv{/flowplayer}

    …dos parques comarcais da provincia de Pontevedra. Deste xeito, unificarase a xestión indirecta deste servicio de emerxencias e extinción de incendios durante os próximos oito anos; en virtude dun contrato que ven de asinarse esta mañá e que suporá o meirande esforzo inversor da Deputación Provincial de Pontevedra nunha contratación destas características. Este contrato conxunto suporá unha reducción de custes de ata 150.000 euros ó ano que poderán ser redestinados a outras necesidades.

    Amais, o novo documento contempla unha ampla serie de melloras. Entre os Bombeiros e os Grupos de Emerxencias, sufragados pola Xunta de Galicia e a Deputación, cubrirán o total da provincia cun tempo medio de espera inferior á media hora en toda a provincia. Neste consorcio provincial non estarán incluídos os Concellos de Vigo e Pontevedra por asumiren estas dúas cidades a súa propia xestión.

    Porén, a Xunta de Galicia tende a man a posibles convenios de colaboración para que as dúas cidades poidan mancomunar tamén estes dous servicios acabando así con paradoxos como o do último incendio urbano en Poio no que se incendio unha vivenda malia a ser lindeira ó parque de bombeiros de Pontevedra, ó non acudir estes no seu auxilio por entender que era unha área fora da súa competencia.

    Redacción Salnés