RIBEIRA> Medra a tensión política en Ribeira. A oposición e a Plataforma de Afectados pola futura variante únense novamente para pedir a paralización do proxecto de circunvalación que promove a Xunta. Teñen solicitado para este luns a celebración dun pleno extraordinario no que volven a esixirlle ó equipo de goberno o cumprimento íntegro do acordo plenario de outubro de 2020 no que pedían un estudo independente do trazado que analice as tres alternativas existentes e tamén de impacto ambiental.
Dende o PBBI foron máis alá, acusando ó alcalde, Manuel Ruiz, de incumprir sistematicamente os acordos plenarios. E o seu voceiro, Vicente Mariño, mesmo deixa entrever unha posible moción de censura…
Dende a Plataforma de Afectados lamentan tamén que non se tiveran en conta as alegacións presentadas polos veciños, razón pola que decidiron presentar unha queixa ante o Valedor do Pobo.
O alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, insiste en que a solución adoptada pola Xunta coincide co recollida no PXOM. Segundo el, a proposta da mellora da estrada provincial DP-7.301 de Xarás a Frións, que plantexa a oposición e tamén a Plataforma de Afectados non viría a solucionar os problemas de tráfico que presenta a cidade.