A Deputación financiará a renovación da piscina municipal de Boiro

BOIRO> Un convenio asinado pola  Deputación da Coruña e o concello de Boiro permitirá a renovación da cuberta da piscina municipal. A actuación suporá un investimento duns 80 mil euros, dos que o 20% sairá das propias arcas municipais.

O alcalde, Xosé Ramén Romero, mostraba a súa satisfacción por este acordo entre as dúas Administracións que permitirá poder levar a cabo a tan ansiada melllora da cuberta da piscina municipal. O organismo provincial investirá na actuación preto dos 68 mil euros, o 80% do valor da actuación, mentres que a cantidade restante deberá ser aportada polo Concello.

As actuacións previstas teñen coma principal finalidade eliminar as filtracións de auga ó edificio. Un problema de anos, que provocou o deterioro paulatino das instalacións.

Aproveitarase a actuación para proceder tamén á instalación dun novo sistema de alumeado, con luminarias tipo led, o que axudará a mellorar tamén a eficiencia enerxética desta instalación deportiva.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí