A Pobra potencia o turismo náutico con viaxes ás Illas Atlánticas

A POBRA> O concello da Pobra volverá ofertar este verán viaxes en catamarán ás Illas Atlánticas. A empresa Piratas de Navia será a encargada de organizar as oito saídas que darán comezo o 16 de xuño coa primeira vista ás Cíes.

Co obxectivo de dar a coñecer a enorme beleza do parque Nacioanl das Illas Atlánticas, o concello da Pobra volverá ser este verán porto de saída das viaxes en catamarán a estes destinos.

A primeira das visitas será xa a mediados deste mes ás Illas Cíes. Os interesados en obter máis información sobre datas e tarifas poden dirixirse á oficina de información turística da Pobra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí