A Asociación Galega de Lupus organiza unha comida benéfica en Boiro

    BOIRO> A Asociación Galega de Lupus celebrará unha comida benéfica no Barbanza. Será o domingo 22 de outubro no restaurante Chicolino de Boiro. O prezo do cuberto é de corenta euros dos cales cinco destinaranse a sufragar os gastos da actividades e servizos que ofrece a asociación. A pesar da súa alta incidencia en Galicia o lupus continúa aínda a ser un grande descoñecido. A variedade de síntomas que presenta dificulta a obtención dun diagnóstico precoz polo que os pacientes poden pasar anos sen coñecer a verdadeira orixe das súas doenzas. De aí, a importancia do labor que desenvolve a asociación galega de lupus, con máis de catrocentos asociados, que ofrece servizos de asesoramento, apoio e formación ós afectados. Co obxectivo de manter moi viva a entidade, a delegación de Santiago celebrará unha comida benéfica o vindeiro 22 de outubro. Os interesados en asistir poden realizar a súa reserva a través do ingreso na conta da asociación. Tamén se poden realizar donativos a través da fila cero. Polo momento xa hai numerosos inscritos polo que dende a asociación agardan contar cun alto numero de participantes que ademais do xantar poderán disfrutar do baile e as actividades de animación que se desenvolverán durante a xornada