BOIRO> A medida que avanzamos na desescalada, aumenta a presenza de xente na rúa e o contacto social. Dende o concello de Boiro fan un chamamento á prudencia e á responsabilidade individual para respectar as normas e evitar un rebrote dos contaxios.
En plena desescalada, a responsabilidade individual é clave para evitar rebrotes. Así o entenden dende o concello de Boiro polo que fan un chamamento á prudencia lembrando a necesidade de respectar as medidas de distanciamento social.
José Luís Ruíz diríxese especialmente á mocidade despois de que se deran casos no concellode reunións de xente nova que non mantiña as necesarias medidas de prevención. Un retroceso que non afastaría aínda máis da tan ansiada ‘nova normalidade’