Os pensionistas darán unha tregua duns cens días ó novo Goberno

BARBANZA> Esta mañá, coincidindo coa convocatoria da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións, os pensionistas do Barbanza volveron saír á rúa. En Boiro, na praza do Concello, reclamaron unhas pensións dignas, tanto pare eles como para as xeracións vindeiras.

Os pensionistas do Barbanza volveron a saír hoxe á rúa para protestar, como levan xa tempo facendo, ante o desinterese da clase política. Fixérono esta vez atendendo a unha convocatoria da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións. A mobilización de hoxe abre un período de tregua duns cen días, a modo de cortesía ó novo goberno do Estado que está en fase de constitución.

Ao novo goberno pídenlle dúas medidas, para eles as primeiras que debería adoptar, por unha banda a revalorización das pensión de acordo ó IPC real, e por outra, igualar as pensións mínimas de novecentos euros.

O rexedor boirense, recén chegado ó cargo, o socialista Xosé Ramón Romero, tamén tivo tempo de achegarse ata a mobilización, e falar durante uns momentos cos pensionistas para interesarse e apoialos nas súas reivindicacións.