A lei de desafiuzamentos contradi o dereito comunitario

     BARBANZA> O Tribunal de Xustiza da Unión Europea vén de sentenciar que a lei hipotecaria española vulnera o dereito comunitario ó impedir que os xuíces suspendan o procedemento de desafiuzamento.

    {flowplayer}barbanza/sentenzavulneracionleihipotecaria.flv{/flowplayer}

    A sentenza europea obrigará a modificar a lei de desafiuzamentos de xeito que os xuíces poderán suspenden a execución da hipoteca se consideran abusiva algunha cláusula do contrato.

    Esta nova supón unha luz de esperanza para moitas familias inmersas nun proceso de desafiuzamento que poderán conservar a súa vivenda ata a resolución xudicial. É o caso de Miguel Collazo, un veciño de Rianxo que grazas á mediación da plataforma Stop Desafiuzamentos segue a vivir, a día de hoxe, na casa sempre pertenceu á súa familia.

    Futuro incerto

    Non sabe o que pasará nun futuro pero confía en que a revisión dos termos da lei, comprometida polo Ministro de Xustiza, lle permita conservar a súa casa,

    Esta sentenza prodúcese en resposta ó recurso presentado por un particular contra unha entidade financeira de Cataluña tras ser expulsado da súa vivenda.

    Redacción Barbanza